Cargando resultados...
Prisión para o británico de 68 anos acusado de matar a muller en Mazarrón
Prisión para o británico de 68 anos acusado de matar a muller en Mazarrón
Tiña cinco denuncias previas por violencia de xénero

G24.gal
05/12/2022 20:57
Última actualización 05/12/2022 21:15
Unha xuíza de Totana, con competencia en violencia de xénero ordenou prisión provisional para o británico de 68 anos acusado de matar a muller de 56 en Mazarrón, Murcia. O presunto autor do homicidio tiña cinco denuncias previas por violencia machista presentadas pola vítima entre 2007 e 2014.
O corpo da muller apareceu no patio da súa casa cun forte golpe na cabeza. Con ela son 39 as vítimas mortais da violencia de xénero en España este ano, a segunda na rexión de Murcia.