Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prisión para o acusado de acoitelar un menor o domingo de madrugada en Santiago

Prisión para o acusado de acoitelar un menor o domingo de madrugada en Santiago

O mozo, de 23 anos, enfróntase a unha acusación de homicidio ou asasinato

G24.gal 10/01/2023 21:33

O Xulgado de Instrución Número 2 decreta o ingreso en prisión do mozo acusado de acoitelar un menor de idade o pasado domingo á madrugada en Santiago de Compostela.

O detido, de 23 anos, pasou á disposición xudicial ao longo desta tarde. O xuíz acúsao dun posible delito de asasinato.

Os feitos sucederon durante a madrugada do pasado domingo na Rúa Nova de Abaixo.

A vítima é un mozo compostelán de 17 anos. Arestora permanece ingresado no Hospital Clínico de Santiago despois de que lle extirpasen o bazo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade