Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno prepara novos incentivos para atrasar a idade de xubilación

O Goberno prepara novos incentivos para atrasar a idade de xubilación

O ministro de Seguridade Social anunciou un incremento do 4 % por cada ano de atraso, un cheque único de 12.000 euros ou unha mestura destas dúas opcións

 Os expertos din que fan falta moitas máis medidas, pero que a fórmula proposta polo executivo pode ser positiva

G24.gal 12/05/2022 14:50

É un novo intento do ministro de prolongar a vida laboral como medida para soster o sistema de pensións. Aposta pola xubilación activa, é dicir, continuar no posto de traballo e cobrar parte da pensión.

"Incentivar a quen queira de xeito voluntario traballar máis alá da idade legal de xubilización poida facelo, sendo ademais un aforro para o sistema", dixo José Luis Escrivá. 

Haberá que agardar para ver como se formaliza o anuncio. Os expertos din que fan falta moitas máis medidas, pero que a fórmula proposta polo executivo e que xa se emprega noutros países pode ser positiva. 

O Goberno central propón unha suba do catro por cento por cada ano de atraso, un cheque único de doce mil euros ou unha mestura das dúas opcións.

O obxectivo é atrasar a idade de xubilación  para cadrar as contas do sistema de pensións que o Goberno non conseguiu coa primeira reforma. Ademais negocia cos axentes sociais a reforma do sistema de autónomos para que coticen en función dos seus ingresos reais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar