Publicador de contidos

Publicador de contidos

Presentan a nova moeda coa imaxe do rei británico Carlos III

Presentan a nova moeda coa imaxe do rei británico Carlos III

Gran Bretaña vai poñer en circulación as primeiras moedas co retrato do rei Carlos III nas próximas semanas

As moedas  de Carlos III convivirán moito tempo coas da raíña Isabel II

 

G24.gal 30/09/2022 10:15

Nas próximas semanas, o Reino Unido vai poñer en circulación as primeiras moedas co retrato do rei Carlos III .  

A fábrica The Royal Mint mostrounas por primeira vez este venres e indicou que as de 50 peniques serán as primeiras en entrar en circulación e será en cuestión de semanas.

O deseño das moedas de 50 peniques, así como doutras conmemorativas que teñen un valor de 5 libras, é obra do escultor británico Martin Jennings.

Nas moedas que se presentaron hoxe móstrase o rostro do monarca británico mirando cara ao lado esquerdo, o oposto ao que durante séculos miraron os monarcas anteriores. Ademais, ao contrario do que ocorría coa raíña Isabel II, o novo soberano Carlos III non leva coroa.

As novas moedas venderanse a coleccionistas pola fábrica británica The Royal Mint, a fábrica que as acuña, a partir de principio da próxima semana, e a de 50 peniques estará en circulación antes de finais de ano.

Estas moedas circularán xunto coas que mostran o retrato da raíña Isabel II, falecida o pasado día 8 aos 96 anos.

A conselleira delgada de The Royal Mint, indicou que as moedas duran aproximadamente uns 20 anos, co que as que mostran a imaxe de Isabel II e do seu primoxénito convivirán durante moitos anos.

O ano que vén, a comezos de 2023, acuñaranse moedas a partir de 1 penique ata 2 libras, que se usarán a diario e que levarán a mesma imaxe de Carlos. "Os cidadáns non deben preocuparse por se teñen moedas coa raíña. Manterémolas en circulación", aclarou a conselleira delegada da fábrica responsable de emitir as moedas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade