Publicador de contidos

Publicador de contidos

Preocupación en Lugo polo aumento das ocupacións en vivendas

Preocupación en Lugo polo aumento das ocupacións en vivendas

Unha parella foi detida pero regresou a vivenda ocupada tras ser posta en liberdade con cargos

G24.gal 21/01/2022 14:00

Primeiro foi o inmoble no número 14 da avenida Adolfo Suárez; os okupas instaláronse hai máis dun ano e seguen aí.

No número 16, unha parella moi nova coouse hai pouco; a propietaria denunciounos e, tras comprobar que non estaban contaxiados de coronavirus como alegaban, foron detidos pola policía.

Pero pouco parece que lles preocupara, xa que ademais teñen outras causas pendentes, e regresaron ao inmoble. Os veciños falan de inseguridade no barrio.

Polo momento, non están a crear demasiados problemas, salvo aos propietarios, pero na zona temen que a situación se estenda aínda máis e pensan que hai que actuar xa.

A situación é preocupante na zona, porque a un quilómetro escaso do lugar, no pazo da Fervedoira, houbo outro desaloxo a semana pasada por orde xudicial tras unha longa ocupación tamén por parte de varias familias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade