Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prenden unha psiquiatra na Coruña que falsificou receitas dun fármaco psicotrópico

Prenden unha psiquiatra na Coruña que falsificou receitas dun fármaco psicotrópico

Poñía como pacientes compañeiros ou empregaba tarxetas do Sergas doutros colexiados

Acudía a farmacias da Coruña e da súa área metropolitana

G24.gal 15/02/2022 14:33

Tras algo máis de dous anos en que falsificou preto de 850 receitas para obter un fármaco psicotrópico, a súa actividade ilegal destapouse. E foi cando unha médica psiquiatra dun hospital da cidade da Coruña, alertada por unha farmacéutica, denunciou perante a Policía Nacional que empregaran o seu nome e tamén o seu selo de colexiada para expedir esas receitas.

Durante a investigación tamén foron quen de descubrir que empregaba receitas en papel e electrónicas de máis compañeiros de profesión, entre eles, varios familiares que tamén son sanitarios. Todo apunta a que adquiría este medicamento para autoconsumo.

A investigada podería enfrontarse a case oito anos de cadea por un delito continuado de usurpación do estado civil, falsificación de documentos oficiais e furto.

Tras pasar a disposición do Xulgado de garda da Coruña quedou en liberdade provisional, mentres se inicia a investigación xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade