Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prado regresa ao lugar da batalla con Herlings

Prado regresa ao lugar da batalla con Herlings

G24.gal 11/06/2022 14:40

Imos con motocrós e co mundial de MXGP, que chega esta fin de semana ata Alemaña, ata un circuíto que o ano pasado nos deixou a imaxe da temporada. Foi este espectacular e accidentado final de carreira entre Jorge Prado e Jeffrey Herlings que culminou co choque e a caída dos dous pilotos ao superaren a liña de meta. Jorge Prado gañara a carreira pero resultou o peor parado dese golpe, que lle impediu loitar polo mundial.

O holandés Herlings logrou finalmente ese título. Este ano será o grande ausente dunha proba na que, unha vez máis, Jorge Prado e Rubén Fernández parten con expectativas altas.

 

Na carreira de cualificación salientou o bo facer do líder do mundial, Tim Gajser, que se fixo coa vitoria. O esloveno quere resarcirse logo de tres carreiras nas que quedou fóra do podio. Tamén estivo a bo nivel Jorge Prado, que logrou o terceiro posto. Rubén Fernández sufriu unha caída pero aínda así puido recuperar ata a sétima posición. Mañá poderán ver as dúas carreiras deste Gran Premio na G2.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar