Publicador de contidos

Publicador de contidos

PSOE e PP evitan a comisión de investigación a Marlaska sobre Melilla

PSOE e PP evitan a comisión de investigación a Marlaska sobre Melilla

O ministro comparecerá o día 30 no Congreso para dar explicacións sobre o ocorrido no balado fronteirizo

G24.gal 18/11/2022 14:57

O PSOE e o PP evitan a comisión de investigación ao ministro do Interior sobre a traxedia de Melilla. Os seus votos, unidos aos de Vox, evitaron que saíse adiante a proposta de Unidas Podemos e os socios parlamentarios do Goberno para investigar a morte de 23 migrantes durante o salto ao valado.

A cambio, Fernando Grande-Marlaska comparecerá o 30 de novembro no Congreso para dar explicacións do sucedido. Amais, os voceiros dos grupos poderán acceder a porta pechada ás imaxes gravadas ese día na fronteira española.

A voceira popular di: "Vén das orellas dar explicación que un Goberno sensible daría dende o minuto un. Agardamos que nesa comparecencia rectifique, recoñeza que mentiu".

Dende as filas socialistas apoian a comparecencia do ministro o próximo pleno, "para dar conta de toda a información detallada que obra no poder do Goberno".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade