Publicador de contidos

Publicador de contidos

Porriño e Guardés definen o seu camiño na loita polo título

Porriño e Guardés definen o seu camiño na loita polo título

As porriñesas empataron co Rocasa (24-24) e perden a vantaxe de campo diante do Elxe

O Guardés asegura o sexto posto e medirase co equipo canario

G24.gal 16/04/2023 10:32

O Conservas Orbe Porriño estivo a piques de lograr o triunfo diante do Rocasa, algo que lle daba a vantaxe de campo para os cuartos de final na loita polo título diante do Elxe. Chegou a ter unha vantaxe de 3 goles (24-21) a pouco de rematar o partido pero a calidade das visitantes permitiulles remontar e igualar o resultado. 

O Mecalia Guardés impúxose por 27-24 ao Málaga Costa del Sol grazas a unha gran remonta nos últimos oito minutos. Perdía por 21-23, intre no que fixo un parcial de 4-0 co que lle deu a volta ao resultado. Ao final asegurou un triunfo co que mantén a sexta posición e terá que medirse ao Rocasa Gran Canaria nos cuartos de final, tamén con vantaxe de campo para as canarias. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar