Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pontón preséntase como "presidenta" e di que "o cambio está en marcha"

Pontón preséntase como "presidenta" e di que "o cambio está en marcha"

A voceira do Bloque confrontou dous modelos: "O vello ou o novo, o pasado ou o futuro, o PP ou o BNG"

"O candidato son eu", espetoulle Rueda despois de cualificar o discurso de Pontón como "investidura virtual dos mundos de Yupi"

Ana Pontón na tribuna do parlamento (EFE/Lavandeira jr)
G24.gal 12/05/2022 16:54

A voceira parlamentaria do BNG, Ana Pontón,  dixo que o seu partido está preparado para Gobernar. "Como presidenta, un goberno do BNG, aprobaría no primeiro Consello da Xunta un paquete de medidas para axudar a quen máis o necesita". 

Alfonso Rueda retrucoulle: "Señora portavoz do Bloque, benvida á súa investidura virtual dos mundos de Yupi que se acaba de montar. O candidato son eu".

Na réplica ao discurso de investidura do candidato á presidencia da Xunta, Ana Pontón defendeu que no debate se presentaban dous modelos de goberno, "o vello ou novo, o pasado ou o futuro, o PP ou o BNG".  

Rueda lembroulle os anos que leva como deputada na cámara autonómica: "Cando eu lle daba o biberón á miña filla que agora está na Universidade vostede xa era deputada".

A tarifa eléctrica galega, o concerto económico, o reto demográfico ou o Xacobeo centraron as tirapuxas entre Rueda e Pontón

"O Goberno do PP nin sequera é capaz de aproveitar o Xacobeo para darlle impulso e visibilidade ós nosos creadores e creadoras", afeoulle a nacionalista. O candidato a presidente contestoulle: "Moitas grazas por esa alusión ao Xacobeo, porque non lle gusta nada. Ao BNG moléstalle".

Ana Pontón rematou a intervención presentándose como alternativa de goberno. "O cambio galego está en marcha, por iso comezou a conta atrás para un cambio de goberno en Galiza que o BNG quere liderar, desde a humildade e a ambición de país", defendeu.

Alfonso Rueda criticoulle o "triunfalismo" da súa intervención e pediulle "un pouco de humildade e un pouco de respecto".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade