Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pontón reivindica o legado de Castelao, que considera "de plena actualidade"

Pontón reivindica o legado de Castelao, que considera "de plena actualidade"

O BNG homenaxeou o intelectual galeguista este sábado en Rianxo 

G24.gal 15/01/2022 17:03

O BNG homenaxeou este sábado en Rianxo a Alfonso Rodríguez Castelao. Ana Pontón reivindicou o legado "dunha das personalidades políticas que máis contribuíron á defensa de Galicia como nación" e que continúa "de plena actualidade".

A voceira nacionalista asegura que a súa formación non dará pasos atrás a prol dos intereses do país porque Galicia precisa dunha forza política coas mans libres para defender o seu potencial.  Segundo dixo, a defensa de Galicia é a esencia do BNG, herdeiro de Castelao.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade