Publicador de contidos

Publicador de contidos

Seis mortos e ducias de feridos nun tiroteo nos Estados Unidos

Seis mortos e ducias de feridos nun tiroteo nos Estados Unidos

A policía detivo a última hora da tarde o que definiron como "persoa de interese"

A policía atopou o seu rifle nun tellado da zona pero non desbota que teña máis armas

Fonte: France Press
EFE 04/07/2022 19:50 Última actualización 05/07/2022 08:34

A policía detivo a última hora da tarde o que definiron como "persoa de interese", un home de 22 anos chamado Robert Crimo, ao cal deberán conectar agora co suceso para poder consideralo oficialmente sospeitoso.

As autoridades explicaron que, salvo que xurda algunha novidade, a investigación deberá seguir agora o seu curso e que previsiblemente non haberá máis actualizacións á prensa ata o martes. 

Polo menos seis persoas faleceron e máis de 24 foron hospitalizadas polo tiroteo deste luns durante un desfile polo Día da Independencia dos Estados Unidos na localidade de Highland Park (Illinois).

My video.. I was at #Highland Park parade.. Terrified people fleeing July 4th parade when shooting started. pic.twitter.com/DSe0NJOuem

 

O tiroteo produciuse uns dez minutos despois de que comezase o desfile ás 9:00 hora local (14:00 GMT) e fixo que decenas de persoas empezasen a correr asustadas.

O autor do tiroteo usou un rifle de alta capacidade para disparar contra o público ao chou.

As forzas de seguridade recuperaron a arma de fogo que usou o sospeitoso no tellado dende o que fixo os disparos.

O agresor é un home branco duns 18 a 20 anos e segue á fuga, informou a policía nunha conferencia de prensa.

"O sospeitoso foi descrito como un home branco aproximadamente de 18 a 20 anos, con pelo longo negro, constitución pequena e levaba unha camiseta branca ou azul", describiu o comandante Chris O'Neil, que pediu a colaboración cidadá para atopalo.

O'Neil pediu aos veciños que busquen refuxio porque se considera que o autor do tiroteo podería estar "armado e ser perigoso".

"Non vou abandonar esta loita contra a violencia armada", dixo Biden

O presidente dos EUA Joe Biden expresou a súa conmoción polo que considerou "violencia armada sen sentido que volveu traer dor á comunidade estadounidense neste Día da Independencia".

Nun comunicado, prometeu que ofrecerá "o completo apoio do Goberno federal" ás autoridades locais, incluída axuda policial, para asistir na procura "urxente" do autor da matanza.

"Hai moito traballo por facer, e non vou abandonar esta loita contra a epidemia da violencia armada", prometeu.

O público cría que os disparos eran foguetes

Os primeiros disparos ouvíronse cando tres cuartas partes dos participantes no desfile xa completaran o seu percorrido, de acordo coas autoridades.

Nese momento, varias testemuñas creron que se trataba de fogos artificiais.

A maioría dos testemuños describiron o son dos disparos como un refacho, con pequenos intervalos de silencio nos que cren que o home recargaba o seu rifle.

"Collín o meu fillo e tentei entrar nun dos edificios locais, pero non puiden. Os disparos pararon, imaxino que o tirador estaba a recargar. Así que, seguín correndo e entrei nun canellón e metín o meu fillo nun colector de lixo para que estivese a salvo", narrou un dos asistentes ao desfile.

Máis testemuñas explicaron o caos do momento, con persoas correndo en todas as direccións e deixando atrás as súas pertenzas desde carriños de bebé ata cadeiras ou bandeiras estadounidenses.

A procura do sospeitoso continúa. A zona onde se produciu o tiroteo está cortada e nas azoteas dos edificios pode verse axentes fortemente armados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade