Publicador de contidos

Publicador de contidos

Podemos pide na Comunidade de Madrid a deflación do IRPF para loitar contra a inflación

Podemos pide na Comunidade de Madrid a deflación do IRPF para loitar contra a inflación

A medida foi tachada de populista polo Goberno de Sánchez, pero o PSOE si a apoiou en Euskadi
 

G24.gal 16/09/2022 11:33

"Poñer (en funcionamento) medidas fronte á inflación que complementen as que está tomando o Goberno do Estado que incidan nos colectivos máis vulnerables, apostando pola deflación dos tres tramos máis baixos do IRPF en función do IPC", así o sinala a iniciativa asinada pola voceira de Podemos na Asemblea de Madrid, Carolina Alonso.

Unha proposta de resolución que presentou no debate sobre o estado da rexión. Unha proposta económica que xa fixera no mes de abril o PP de Alberto Núñez Feijóo e que o congreso non aprobou cos votos en contra de socialistas e tamén de Podemos cualificando a proposta de "populista".

En Euskadi, onde o PSOE goberna co PNV a medida si foi xa implantada. Na Comunidade de Madrid, con todo, sairá adiante.

A presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, comunicará o adianto da deflación da tarifa autonómica do Imposto da Renda sobre as Persoas Físicas para que teña xa efectos na declaración do vindeiro ano.

Coa deflación do IRPF, o Executivo madrileño pretende que os cidadáns acheguen o mesmo a pesar que se producira unha suba de salario, que normalmente iría acompañada de máis impostos xa que o IRPF é gradual en función do salario. Canto máis se gaña máis salto é o tipo impositivo que se aplica. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade