Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pleno de urxencia no Constitucional para decidir se conxela a reforma do CXPX

Pleno de urxencia no Constitucional para decidir se conxela a reforma do CXPX

Reunirase ao mesmo tempo que se votan os cambios no Congreso

A reunión está motivada polo recurso de amparo do PP

Antón Montero 14/12/2022 20:28 Última actualización 14/12/2022 20:45

O Tribunal Constitucional reunirase este xoves para pronunciarse sobre os cambios no Poder Xudicial antes de que se voten no Congreso.

A cita é ás dez da mañá. A convocatoria vén motivada pola presentación dun recurso de amparo por parte do Partido Popular. As emendas a debate son as que reducen a maioría necesaria no Consello Xeral do Poder Xudicial para designar maxistrados no Constitucional.

Os populares reclaman que se suspenda a tramitación da norma. Se o tribunal  de garantías atende esta petición, sería a primeira vez en democracia que se paraliza un trámite lexislativo á petición dun partido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade