Pilar Alegría recoñece que foi un erro reunirse con Salazar cando xa se coñecian as denuncias por acoso sexual
Pilar Alegría recoñece que foi un erro reunirse con Salazar cando xa se coñecian as denuncias por acoso sexual
A portavoz do Goberno, que foi fotografada nun restaurante co ex asesor de Moncloa cando xa saltara a polémica, di sentirse "traizoada"
Aumenta a presión sobre o PSOE polo caso Salazar. O Consello de Ministros cesou este martes a Antonio Hernández, a man dereita de Francisco Salazar na Moncloa, ao que as denunciantes sinalan como encubridor. A súa saída amplía o cordón sanitario en pleno intento do partido por pechar a crise.
A portavoz do Goberno, Pilar Alegría, afirmou na súa comparecencia deste martes que a reunión que mantivo co excargo de Moncloa e do PSOE Salazar foi "un erro" e "non se tiña que producir", tendo en conta que levou a cabo despois de que varias mulleres presentasen denuncias internas por presunto acoso sexual.
Fotografados xuntos nun restaurante
Alegría foi fotografada a principios do mes de novembro comendo nun restaurante do centro de Madrid xunto a Salazar e nese momento defendeu que se tratou dun encontro cinguido estritamente ao ámbito privado.
Con todo, despois de que o caso escalase nas últimas semanas, sinalou que esa reunión foi unha equivocación.
"El chamoume e eu acudín, non se tiña que producir e foi un erro", sinalou na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros na Moncloa.
A continuación asegurou sentir "dor, indignación e traizón" aínda que deixou claro que este non é "similar nin comparable" ao que poden sentir as vítimas. "É a elas a quen hai que acompañar, coidar e axudar".
Ademais, deixou claro que a investigación aberta no PSOE, baseada en testemuños anónimos de dúas mulleres que traballaron ás ordes de Salazar en Moncloa, debe levar ata o final das súas consecuencias.