Publicador de contidos

Publicador de contidos

Piden axudas e puntos de carga para fomentar o uso do vehículo eléctrico

Piden axudas e puntos de carga para fomentar o uso do vehículo eléctrico

Subliñan que o cambio climático impón modificar o sistema de transporte xa

Os usuarios quéixanse de que moitos puntos de carga están inactivos

G24.gal 27/11/2021 12:38

Na cooperativa sen ánimo de lucro creada por usuarios de vehículos eléctricos Electric Sun Mobility defenden que hai que cambiar ao coche eléctrico xa para frear o cambio climático, como explica o seu delegado en Galicia.

"Modificar o sistema de transporte a un máis limpo e ecolóxico é necesario e moito máis urxente do que estamos a ver que se está a facer".

Para que a xente se decante polos eléctricos piden que as axudas á compra se centren neles e demandan puntos de recarga públicos suficientes e operativos.

"Os puntos de recarga estanse empezando a ver, pero sen uso. Non están activados".

Jorge Rego subliña que en Galicia e en España en xeral o vehículo eléctrico vai con atraso e propón aprender doutros países, como Portugal.

"Poñer un punto de recarga é como poñer un enchufe. É fácil. O que fai falta é que as administracións impulsen".

Rego recorda que hai unha década na Coruña, Vigo e Ferrol instaláronse puntos de carga que a día de hoxe seguen sen funcionar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade