Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pendentes de Elizabeth Ann, que pode abrir esperanzas para as especies en extinción

Pendentes de Elizabeth Ann, que pode abrir esperanzas para as especies en extinción

É o primeiro furón de patas negras clonado con éxito nos Estados Unidos

Se na primavera se reproduce eficazmente, podería salvar a súa especie e marcar un novo camiño para outras

G24.gal 19/01/2022 19:16

Nos Estados Unidos están moi pendentes dun pequeno animal que podería supoñer unha grande esperanza.

Trátase de Elizabeth Ann, un furón de patas negras clonado. Naceu hai dous anos das células conxeladas dunha femia que morreu hai 35 anos. E agora os científicos están entusiasmados porque Elizabeth Ann alcanzou a súa madurez biolóxica.

Na primavera verase se logra reproducirse con éxito. De conseguilo, podería salvar os furóns de patas negras da extinción e, cuestións bioéticas mediante, podería abrir un novo camiño para a conservación das especies.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade