Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez asegura que a Constitución é a "folla de ruta" do Goberno progresista de España

Sánchez asegura que a Constitución é a "folla de ruta" do Goberno progresista de España

O líder dos socialistas di que o executivo "cumpre" coa lei de revalorización das pensións e a de interinos

G24.gal 05/12/2021 14:48

Pedro Sánchez clausurou este domingo o congreso do PSOE en Murcia, que ratificou o liderado de José Vélez logrado nas recentes eleccións primarias. Nese contexto, Sánchez insistiu en que "o Goberno cumpre" e puxo como exemplo as iniciativas materializadas esta semana, como a revalorización das pensións:

 "Esta semana aprobamos unha lei que pon fin a ese 0.25% de recorte das pensións que aprobou o Partido Popular no ano 2013 e que por lei garante a revalorización das pensións conforme ao IPC. Aprobamos a lei de interinos, aprobamos a lei de cadea alimentaria do prezo xusto".

Pedro Sánchez referiuse á celebración de mañá, día da Constitución, e asegurou que a Carta Magna é un guieiro do Goberno aludindo a que representa o Estado de benestar:

"A Constitución española é a educación pública dos nosos fillos, é a pensión digna dos nosos maiores, é a saúde de todos e de todas. A Constitución española é democracia, é Estado de benestar e por iso é a folla de ruta do Goberno progresista de España".

Finalmente, o líder do PSOE sinalou que España, lonxe de estar en creba como di a oposición, encóntrase "moito mellor" ca hai un ano e logrou o récord de vinte millóns de persoas traballando.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade