Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez anuncia 172 millóns de euros para atención primaria e a rebaixa do IVE do gas

Sánchez anuncia 172 millóns de euros para atención primaria e a rebaixa do IVE do gas

Os socialistas reuniron este sábado os seus líderes autonómicos en Zaragoza

Buscan coordinarse para manter o escudo social pola guerra de Ucraína e para atallar a precariedade laboral dos mozos

G24.gal 17/09/2022 15:55 Última actualización 17/09/2022 16:17

Coa ollada posta nas citas electorais do ano próximo, os socialistas celebran o seu Consello Político Federal en Zaragoza. É o terceiro acto que protagoniza Pedro Sánchez da campaña do "Goberno da Xente" posto en marcha polo PSOE para dar a coñecer o labor do executivo en toda España.  Na súa intervención fixo dous anuncios: a rebaixa inmediata do IVE do gas e o aumento dos recursos destinados á atención primaria.

O próximo martes imos materializar a rebaixa do IVE do gas do 21 por cento ao 5 por cento e imos destinar 120 millóns de euros á atención primaria. A xustiza social, e a xustiza fiscal. Iso significa que imos axudar a aqueles que pasan máis sacrificios, e aqueles que están engrosando os seus beneficios, pois que arrimen o ombreiro.

Arroupado polos líderes autonómicos, Pedro Sánchez  avogou pola cogobernación e a coordinación do goberno do Estado e as comunidades para protexer a clase media. 

Mentres dure esta guerra e as súas consecuencias despregaremos todos os resortes do Estado, todos os recursos financeiros para protexer a maioría social.
 

Neste conclave participou o secretario xeral do PSdeG, Valentín Fernández Formoso, e o presidente da FEMP, Abel Caballero.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade