Publicador de contidos

Publicador de contidos

Paulina Buforn e Sandra Santiago analizan a vitoria do Porriño ante o Guardés

Paulina Buforn e Sandra Santiago analizan a vitoria do Porriño ante o Guardés

As dúas xogadoras valoraron na Radio Galega o derbi disputado no Municipal

G24.gal 26/11/2022 20:05

Con máis claridade da agardada o conxunto local deixou os puntos na casa no derbi provincial na elite do balonmán feminino ante un Guardés que  loitou ata o final para levar algo positivo á Sangriña.

A balear Paulina Buforn foi a protagonista do Porriño na sintonía do Galicia en goles

"Estiven emocionada. Foi un partido fermoso. É moi importante para o balonmán galego e para a base, todos os nenos e nenas que se achegan. Foi emocionante ver como me aplaudiu a xente do Guardés. Este é un deporte san, a xente vén a animar. Estou agradecida porque o pavillón estaba a rebentar e queremos iso todos os partidos".

Pola súa banda Sandra Santiago recoñeceu a igualdade dos dous conxuntos.

"Vai ser unha temporada moi igualada. Na segunda parte se non marcamos goles e o outro equipo mete, é difícil logo remontar".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar