Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os xuíces seguen rebaixando penas a agresores sexuais en contra do criterio da fiscalía

Os xuíces seguen rebaixando penas a agresores sexuais en contra do criterio da fiscalía

O fiscal xeral do Estado ordenou aos fiscais que non se pedise modificar penas cando poidan ser impostas co novo marco penal

As rebaixas de condena tampouco teñen en conta a disposición transitoria quinta do Código Penal de 1995 que limita as revisións

Só A Rioxa e As Palmas respectan o criterio da fiscalía e o Código Penal de 1995

G24.gal 25/11/2022 17:16 Última actualización 25/11/2022 17:45

Polo menos sete audiencias provinciais xa se pronunciaron a favor de aplicar nas revisións de condenas de agresores sexuais o criterio máis favorable ao reo tras a entrada en vigor da Lei do só si é si.  

Isto contrasta co criterio marcado o pasado luns polo fiscal xeral do Estado, Álvaro García Ortiz, quen ditou un decreto para os fiscais establecendo que non se modificarán penas cando poidan ser impostas co novo marco penal.

Este criterio evitaría unha rebaixa "automática" de condenas.  

Pero as audiencias provinciais de Madrid, Valladolid, Biscaia, Granada, Córdoba, Málaga ou Zaragoza unificaron criterio en diferentes conclaves e todas elas coinciden en seguir apostando por rebaixas de penas, sen ter en conta a disposición transitoria quinta do Código penal de 1995 que limita as revisións.

Reunións de xuíces no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

A Audiencia Provincial de Madrid, nunha reunión á que asistiron este venres os presidentes das seccións penais, decidiu aplicar esas revisións tras someter a votación o asunto. O resultado foi 32 votos a favor, oito en contra e nove abstencións.

 No caso da Audiencia Provincial de Valladolid, o seu presidente, Javier Carranza, sinalou tamén hoxe que eles revisarán caso por caso aquelas sentenzas en que, con carácter retroactivo, puidese aplicarse a nova reforma do Código Penal aos condenados.

 Este venres tamén se reuniron os maxistrados das tres seccións penais da Audiencia Provincial de Biscaia e acordaron revisar de oficio todas as condenas de agresores sexuais en base á nova lei.  

As seccións penais da Audiencia de Málaga, Córdoba e Granada tamén informaron de que comezan a analizar de oficio sentenzas para ver se procede ou non realizar unha revisión.  

  Pola súa banda, a Audiencia Provincial de Almería reunirá os maxistrados da Sección Segunda e Terceira o vindeiro luns nun pleno sectorial penal co obxectivo de unificar criterio.  

Só A Rioxa e As Palmas respectan o criterio da fiscalía e o Código Penal de 1995

Fronte a estas decisións, a Audiencia Provincial da Rioxa anunciou a semana pasada que se acollía á disposición transitoria do Código Penal para non modificar ningunha das 54 sentenzas que xa revisaron tras a nova Lei de garantía da liberdade sexual.  

O presidente do Tribunal Superior de Xustiza da Rioxa, Javier Marca, explicou nunha entrevista  que, aínda que revisaron de oficio as sentenzas por delitos contra a liberdade sexual susceptibles de ser modificadas pola nova lei, ata o de agora, non modificaron ningunha das penas porque en ningún dos casos o Ministerio Fiscal informou favorablemente.

Esta decisión, segundo explicou, tómase porque en todos os casos a pena que se impuxo é "perfectamente impoñible" conforme á nova lexislación.  

Pola súa banda, a xunta sectorial de maxistrados das seccións penais da Audiencia Provincial das Palmas, determinou que só se revisarán de oficio as condenas firmes por delitos sexuais cando se detecte que a pena imposta é maior que as contempladas na nova norma. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade