Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os veciños de Estribela denuncian o estado de abandono deste barrio pontevedrés

Os veciños de Estribela denuncian o estado de abandono deste barrio pontevedrés

Os veciños demandan máis atención por parte do Concello de Pontevedra e esixen o mesmo trato que outros barrios da cidade

G24.gal 11/01/2023 13:13

Viven na fronteira con Marín, en Estribela, e os veciños que residen na zona denuncian o estado de abandono crecente deste barrio pontevedrés. 

Din que se nota por exemplo na maleza acumulada, nos actos vandálicos en espazos públicos non reparados ou no estado das beirarrúas que xa provocaron caídas e algún que outro susto.

Os veciños demandan máis atención por parte do Concello de Pontevedra e esixen o mesmo trato que outros barrios da cidade xa que pagan os mesmos impostos. Agardan que as súas queixas teñan resposta para evitar a deterioración progresiva da zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade