Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os veciños de Alfredo Brañas, indignados pola apertura do pub The Capital tras a orde de peche

Os veciños de Alfredo Brañas, indignados pola apertura do pub The Capital tras a orde de peche

Os  xerentes do local aseguran ter resoltas as deficiencias

Os veciños demandan que se faga cumprir o decreto do concello

Marta González Salve 05/01/2022 14:12

Pouco durou a alegría dos veciños da rúa Alfredo Brañas polo decreto do Concello de Santiago que hai unhas semanas obrigaba o pub latino The Capital a pechar as súas portas por irregularidades urbanísticas e de seguridade. 

Televisión de Galicia púxose en contacto cos xerentes do local, que afirman que recibiron un documento en que se lles daba un prazo de 10 días para resolver as deficiencias.

Din non ter constancia de ningunha orde de peche, polo que tras comunicar ao Concello a corrección das irregularidades, procederon a abrir. Os veciños aseguran que o decreto contén a orde de peche.

Afirman que seguirán loitando para procurar o descanso dos veciños. A Policía Local acudiu esta madrugada ao pub, que tras as presentar a documentación requirida mantivo con normalidade a actividade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade