Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os usuarios do tren do Eixo Atlántico denuncian atrasos constantes nas súas viaxes

Os usuarios do tren do Eixo Atlántico denuncian atrasos constantes nas súas viaxes

Os pasaxeiros que usan este servizo acotío falan dunha demora sistemática, de ata 15 minutos

 Renfe considera que os atrasos son puntuais

G24.gal 09/11/2022 14:40

Con case media hora de atraso chegaba a Vigo un dos trens procedente da Coruña.

A causa do atraso foi unha inidencia na infraestrutura á altura de Cerceda. Segundo os usuarios que viaxan acotío, esta non é unha excepción. Din que as demoras se repiten na gran maioría das frecuencias do Eixo Atlántico. 

Denuncian atrasos de ata 20 minutos que provocan problemas aos pasaxeiros.

As reclamacións a Renfe polos incumprimentos horarios van en aumento, mentres a compañía ferroviaria considera que os atrasos son puntuais e que moitos non son por causa da súa xestión. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade