Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os transportistas reclaman melloras económicas e laborais para evitar a folga

Os transportistas reclaman melloras económicas e laborais para evitar a folga

O Goberno confía en desbloquear a folga prevista para o 20, 21 e 22 de decembro

G24.gal 11/11/2021 15:08

O Goberno confía en chegar a un acordo cos transportistas para desbloquear a folga convocada antes do Nadal. A ministra de Transportes recoñeceu os problemas que atravesa o sector pola suba do combustible, e amosouse disposta a negociar para achegar posturas. 

Pero os camioneiros, de momento, seguen adiante cos preparativos dos paros en toda España. As protestas están previstas para os días previos á Noiteboa: 20, 21 e 22 de decembro. En Galicia están chamados a esta folga algo máis de 25.000 transportistas. Explicáronos que viven unha situación límite.

A pouco máis dun mes da folga, empeza a conta atrás: para preparar a campaña de Nadal e para constituír mesas de negociación.

Co ascenso do prezo do gasóleo por riba do 30 %, os gastos mensuais por camión rozan os 900 euros, mentres que as tarifas baixan. Neste contexto, o sector reclama melloras das condicións económicas e sociais, como vincular a suba do combustible ao contrato do transporte, a exención do pagamento das autovías e a regulación da carga e descarga.

En Galicia hai case 7.000 empresas de transporte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade