Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os transportistas galegos manteñen o paro, pero medra a división interna

Os transportistas galegos manteñen o paro, pero medra a división interna

Aumentan as voces partidarias de reiniciar a actividade o luns

G24.gal 27/03/2022 20:10

Nas asociacións de transportistas autónomos galegos hai dvisión interna. Mantense o apoio á continuidade do paro que anunciou o venres a Plataforma pola Defensa do Transporte, pero aumentan as voces partidarias de aceptar as medidas do Goberno e de reiniciar actividade.

Os transportistas de Ferrolterra manifestáronse en Narón para visibilizar a incidencia do incremento do prezo dos combustibles. A mobilización transcorreu pola estrada de Castela entre a rotonda de Freixeiro e a da Ponte das Cabras. Os camioneiros de Ferrolterra manterán o paro ata que se adopten medidas que lles permitan traballar sen perder cartos.

En Santiago, os transportistas autónomos concentráronse na praza do Obradoiro. Gandeiros e traballadores forestais sumáronse á protesta contra o encarecemento dos carburantes.

Na Coruña, a semana comezará cos piquetes informativos aínda apostados nos accesos ao porto. A asemblea de ASCENTRA, que agrupa preto de 300 transportistas autónomos da provincia, decidiu manter o paro, aínda que aumentou a división interna. Consideran insuficientes as medidas que recolle o acordo entre o Goberno e o Comité Nacional de Transportes. 

Coma noutras asociacións de transportistas galegas, os seguintes pasos irán en paralelo aos da plataforma convocadora do paro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade