Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os traballadores rexeitan a proposta de Alcoa de parar a produción dous anos

Os traballadores rexeitan a proposta de Alcoa de parar a produción dous anos

Esixen un plan de viabilidade a longo prazo que inclúa aos traballadores das auxiliares

Pidenlle a Goberno e Xunta que tomen parte e se convoque de novo a mesa industrial

Os traballadores celebraron unha asamblea extraordinaria
G24.gal 30/11/2021 14:15

Prevíase mutitudinaria, e asi foi. En asemblea extraordinaria, e por unanimidade, os traballadores de Alcoa decidiron non aceptar a última proposta da empresa. Non queren un plan a curto prazo e que deixa no aire as empresas auxiliares. E esíxenlles ás administracións que tomen cartas no asunto.

"Non imos deixar a ningúen no camiño, se queren unha solución ten que ser para todos", di José Antonio Zan, presidente do comité de empresa, e engade: "Necesitamos que as administracións tomen parten e nos demostren que elas tamén van poñer o seu gran de area".

O Goberno pídelle a Alcoa máis concreción e fixará para os próximos días unha reunión con todas as partes.

"O que pedimos tamén á empresa é coñecer o plan de industrialización, de investimentos e formación. Faltan aínda moitos detalles para coñecer cal é a intención real da empresa", explicicou o delegado do Goberno, José Miñones.

A Xunta tamén esixe garantías e responsabiliza da situación o Goberno e a súa política industrial. 

"O que constata é o fracaso do Goberno desde o punto de vista de política industrial. Non foi capaz de establecer un prezo eléctrico competitivo que poida garantir o mantemento da actividade e polo tanto estamos ante unha solución provisional e non definitiva", manifestou Francisco Conde, vicepresidente económico da Xunta

Os traballadores lembran que o conflito de Alcoa non só afecta a fábrica,  que en xogo está o futuro de toda unha comarca.

Desde o BNG non cren que intención da empresa mudase realmente. Din que a dirección de Alcoa non é de fiar e que só busca dilatar un pouco máis o peche.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade