Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os traballadores de Correos pechan tres días de folga con mobilizacións en toda España

Os traballadores de Correos pechan tres días de folga con mobilizacións en toda España

CCOO e UXT, os sindicatos convocadores, cifran nun oitenta por cento o seguimento da folga

A manifestación galega celebrouse en Santiago, e houbo convocatorias en todas as capitais de provincia do Estado

G24.gal 03/06/2022 14:59

Os sindicatos convocadores, CCOO e UXT, denuncian o desmantelamento do servizo de Correos. Convocaron tres días de folga para loitar contra esa situación, que din que empeorou nos últimos anos. 

"Empeorou moito", di o coordinador do sector postal de CCOO Galicia, José Antonio Pensado. "Cada vez estamos asumindo máis carterías, non hai contratacións, estase recortando emprego", engade. 

Calculan que nos últimos tres anos se perderon uns 7.000 postos de traballo en Correos en toda España, case 200 en Galicia. Denuncian que os empregos que se crean, son cada vez máis precarios. 

"Temos máis dun corenta por cento de contratos a media xornada", di Elvira Maceiras, secretaria rexional de UXT Postal. Cre que esas cifras "non se poden aguantar" porque son empregos "absolutamente precarios".

Denuncian ademais que falta carga de traballo, porque a empresa desvíaa á filial Correos Express, que traballa con autónomos. "Así sae a man de obra máis barata que un persoal laboral ou funcionario" explica Maceiras. "É unha maneira de desmantelar a empresa", denuncia. 

Advirten de que seguirán mobilizados ata que o Goberno aumente o orzamento que destina ao Servizo Postal Universal, para garantir a súa viabilidade. "Calculamos que terían que ser 220 millóns de euros, e están dando a metade" denuncia Pensado, de CCOO.

Pechan así tres xornadas de folga convocadas por Comisións Obreiras e UXT, que cifran nun oitenta por cento o seguimento dos paros en toda España. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade