Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os supermercados lamentan que o Goberno descarte rebaixar o IVE a máis produtos

Os supermercados lamentan que o Goberno descarte rebaixar o IVE a máis produtos

O presidente de ACES, a Asociación de Cadeas Españolas de Supermercados, asegura que a redución do gravame está a ter impacto positivo

Aurelio del Pino apunta que a distribución é unha vítima máis da situación inflacionista e salienta os elevados custos aos que fan fronte

G24.gal 21/02/2023 10:55 Última actualización 21/02/2023 11:37

O presidente da Asociación de Cadeas Españolas de Supermercados, Aurelio del Pino, cualifica de "satisfactoria" a reunión do Observatorio da Cadea Alimentaria. Sinala que, tras meses de debate público e político, os actores da cadea alimentaria puideron sentar e discutir con datos obxectivos e ver a evolución dos prezos. 

Aurelio del Pino comparte as impresións do ministerio de agricultura e cre que os prezos dos alimentos tocaron teito e que nos próximos meses comezarán a baixar.

"Temos esperanza de que as presións que sofre o gandeiro, o agricultor, que estaban vendo un incremento dos seus custos de produción, vaian desaparecendo. Unha vez que os produtores teñan mellores condicións de rendibilidade, porque teñan unha menor presión sobre os seus insumos, teremos que ir trasladándoas ao longo da cadea", apunta.

O presidente de ACES aplaude a rebaixa do IVE aprobada polo Goberno, pero lamenta que non afecte un maior número de produtos ou que as reducións do gravame non sexan "máis potentes".

Considera que a medida está a ter efecto e apunta que "sen esa rebaixa a inflación subxacente rozaría o 17 % en xaneiro. Cando analizamos todo, e imos ao detalle, vemos como todos os produtos afectados pola redución do IVE tiveron un comportamento mellor ca o resto de produtos que non tiveron esa rebaixa". 

Aurelio del Río apoia a reclamación de gandeiros e mariñeiros para que se reduza o IVE da carne, do peixe ou das conservas. O presidente da ACES responde ás críticas que reciben as grandes cadeas de distribución e os supermercados.

"Somos unha vítima máis da situación inflacionista. A distribución cando funciona ben é en escenarios estables. Cando hai moita volatilidade de prezos, obrígannos a ter que estar máis pendente do posicionamento que da túa política comercial. Somos unha vítima máis porque nós temos que dar a cara ante o cliente e o cliente, lóxico, lévase unha grande insatisfacción cando ve que os prezos da cesta da compran aumentan". 

Apunta Aurelio del Río que o seu sector "está sometido a uns custos moi importantes". Así, explicou que os enerxéticos pasaron de ser o terceiro capítulo de gasto ao segundo, tras o de persoal. Ademais, apunta que os supermercados deben facer fronte a moitos cambios normativos con novos impostos coma o do plástico. 

"Pedimos ao Goberno que os custos regulatorios non suban. Agora non é o momento de emprender grandes cambios que supoñan redeseñar moitos elementos da cadea de distribución das empresas. Refírome á normativa de envases, redución de plásticos, os cambios no transporte... son moitos cambios normativos". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade