Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os socios de Goberno manteñen a negociación para reformar a lei do "só si é si"

Os socios de Goberno manteñen a negociación para reformar a lei do "só si é si"

Ao PSOE cústalle aguantar a presión, asegura Ione Belarra

María Jesús Montero di que haberá reforma con acordo ou sen acordo

G24.gal 02/02/2023 13:48

A reforma da lei do só si é si segue enfrontando os socios de Goberno. Irene Montero recoñecía que hai unha discrepancia forte co PSOE. Dende as filas socialistas apostan polo acordo, pero advirten de que, se non hai consenso, a lei reformarase en calquera caso.

En plena negociación, a parte socialista do Goberno evitou referirse a aquilo de Ione Belarra de que ao PSOE lle tremen as pernas. Ao mesmo tempo, a ministra de Dereitos Sociais rebaixaba algo o ton, pero mantén os reproches ao PSOE: "ao PSOE cústalle aguantar a presión", aseguraba Ione Belarra.

Pese a todo, hai vontade de acordo para reformar a lei do só si é si entre os socios de Goberno. E en calquera caso haberá reforma. Dende a oposición, o Partido Popular ofrece o voto para reformar a lei de forma urxente. E pide a Sánchez que asuma o erro. O PP considera que Sánchez debe tamén pedir desculpas ás vítimas e cesar a Irene Montero.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade