Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os socialistas pídenlle a Podemos contención nas súas declaracións sobre a crise ucraína

Os socialistas pídenlle a Podemos contención nas súas declaracións sobre a crise ucraína

A ministra de Defensa asegura "que non ten tempo" para responder ás críticas de Pablo Iglesias

G24.gal 24/01/2022 15:11

Este martes, o ministro de Exteriores explicará no Congreso a postura de España sobre a crise en Ucraína. José Manuel Albares  cre que "este é o momento dos 4 D: diplomacia, distensión, desescalada e disuasión".

E para disuadir a Rusia, España reforza a súa contribución á misión da OTAN no leste de Europa. A fragata Blas de Lezo, con base en Ferrol, chegará nos próximos días ao mar Negro tras facer escala en Rota.

Dende Podemos, critican este operativo militar. O exvicepresidente Pablo Iglesias arremetía a pasada fin de semana contra a ministra de Defensa, Margarita Robles: "Vostede cre, ministra, que a xente é parva? Que a xente en España cre que a OTAN é algo distinto a unha alianza militar para protexer intereses dos Estados Unidos?", aseguraba o antigo líder da formación morada.

Contestoulle este luns a ministra de Defensa: "Pablo Iglesias non ten ningunha responsabilidade, ten moito tempo libre, e eu teño moitas responsabilidades, non teño tempo para as opinións de Pablo Iglesias, que, como as de calquera outro cidadán, son absolutamente respectables", dixo Margarita Robles ante os xornalistas.

Dende o Goberno argumentan que este envío de tropas non difire dos que se realizan habitualmente, pero dende Vox cren que a misión require o aval do Congreso. O seu voceiro, Jorge Buxadé, acusou o Goberno "de Sánchez e de Díaz" de volver "pisotear a legalidade vixente anunciando o envío de tropas española a Ucraína".

Pola súa parte, o Partido Popular pídelle ao Goberno que aclare a súa postura: "Se estamos a favor da liberdade e da democracia cando hai algún conflito ou se seguimos no non á guerra, o adhesivo e a soflama", afirmou Pablo Casado nunha entrevista na Cadena Cope.

Publicidade
Publicidade
Publicidade