Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os socialistas piden un pacto de estado para regular a implatación das enerxías renovables

Os socialistas piden un pacto de estado para regular a implatación das enerxías renovables

Formoso di que Galicia non pode perder esta oportunidade

G24.gal 24/02/2022 13:26

Os socialistas piden un pacto de estado para regular a implantación das enerxías renovables.  O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, di que Galicia non pode perder esta oportunidade, pero garantindo os dereitos de propietarios e medioambientais. Así o dixo, tras un encontro sobre o sector eólico con representantes dos principais sindicatos, ao que tamén asistiu a ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera.

"Debe promoverse un acordo sobre a enerxía eólica onde se preserven os dereitos dos propietarios, do medio ambiente, a vida no sector primario, pero non deixemos pasar a oportunidade que pode reter talento en Galicia, que pode supoñer volver a fabricar compoñentes en Galicia, que pode baixar os prezos ás familias e ás empresas", di González Formoso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade