Publicador de contidos

Publicador de contidos

Filipe VI pide honrar a "xenerosidade" dos que arriscaron a vida na loita contra a covid

Filipe VI pide honrar a "xenerosidade" dos que arriscaron a vida na loita contra a covid

A homenaxe de Estado quixo ser un "aplauso para o recordo" do esforzo realizado polos cidadáns durante os meses máis duros da pandemia

G24.gal 15/07/2022 07:59 Última actualización 15/07/2022 14:56

Os reis Felipe VI e Letizia presidiron este venres a homenaxe de Estado ás vítimas da pandemia de covid-19 que se celebrou no Palacio Real, á que tamén asistiron os membros do Consello de Ministros, co presidente Pedro Sánchez á cabeza.

O acto foi un "aplauso para o recordo" do esforzo realizado polos cidadáns durante os meses máis duros da pandemia, segundo indicou a ministra portavoz do Goberno Isabel Rodríguez na conferencia de prensa posterior ao Consello de Ministros.

Foi unha homenaxe solemne, que tamén serviu de recoñecemento ao persoal sanitario, na que estiveron representantes dos distintos poderes do Estado e das altas institucións, presidentes da Comunidades Autónomas, o xefe da oposición Alberto Núñez Feijóo e o presidente da Federación Española de Municipios e Provincias Abel Caballero.

Tamén acudiron os delegados do Goberno, o alcalde de Madrid José Luis Martínez Almeida, ademais de representantes parlamentarios e unha ampla representación das familias das vítimas, dos sectores sanitario e científico e da sociedade civil, segundo indicou Moncloa.

O acto arrincou ás 9:00 da mañá na Praza da Armería do Palacio Real e en primeiro lugar intervirán o xefe de Biotecnoloxía e Produtos da Asociación Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios Agustín Portela e a directora xeral de Saúde e Seguridade Alimentaria da Comisión Europea Sandra Gallina.

A continuación, os reis entregaron catro Grandes Cruces en representación dos profesionais sanitarios falecidos durante a pandemia e realizarán unha ofrenda floral que irá seguida dun minuto de silencio en recordo de todos os ausentes.

Filipe VI pediu honrar a "xenerosidade" e a "valentía" dos que arriscaron a súa vida

O rei Filipe VI rendeu homenaxe este venres ás vítimas da pandemia de covid-19 e sinalou que conservaremos como un "legado" para España "aqueles tempos difíciles" e a quen hoxe non están presentes.

No seu discurso, que pechou a homenaxe solemne celebrada no Palacio Real para lembrar as vítimas e recoñecer o traballo dos profesionais sanitarios, o rei pediu honrar a "xenerosidade" e a "valentía" dos que arriscaron a súa vida "para salvar as dos demais", segundo destacou.

Ante o presidente do Goberno Pedro Sánchez, os ministros e as autoridades do Estado, Filipe VI chamou tamén a non esquecer as leccións aprendidas e a incorporalas como unha "guía para o futuro". Así, subliñou que neste momento se debe fortalecer todo aquilo que a pandemia revelou como "relevante e impostergable" e chamou a realizar un maior investimento en ciencia, a fortalecer os sistemas de saúde, o coidado dos maiores e a cooperación internacional.

A homenaxe no Patio da Armería, máis breve que as anteriores polas elevadas temperaturas, rematou coa emotiva interpretación que Alice Wonder fixo ao piano do tema Loita de xigantes, de Antonio Vega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade