Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os letrados estiman que se precisan oito meses para recuperar o suspendido pola folga

Os letrados estiman que se precisan oito meses para recuperar o suspendido pola folga

Os letrados da administración de Xustiza valoran o acordo alcanzado cos ministerios de Xustiza e Facenda, pero insisten en que seguirán loitando polo seu recoñecemento profesional 

Nunha entrevista na Radio Galega, a letrada do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia Pilar Cancela Ramírez de Arellano calcula que se necesitarán polo menos 8 meses para volver encaixar os xuízos e as actuacións que quedaron pendentes pola folga  

G24.gal 28/03/2023 10:30

Os letrados da Administración de xustiza valoran o acordo alcanzado co ministerio de Xustiza e Facenda para suspender a folga que iniciaron hai máis de dous meses, pero insisten en que a súa principal reivindicación, unha negociación colectiva propia, está aínda no aire

Nunha entrevista na Radio Galega, a letrada do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia Pilar Cancela Ramírez de Arellano recoñece que o acordo non é totalmente satisfactorio, pero é positivo na medida en que se recupera a actividade normal nos xulgados.

Segundo transcendeu, o acordo inclúe unha suba salarial de entre 430 e 450 euros brutos ao mes, pero, segundo a letrada, non recolle a principal reclamación destes operadores xurídicos que é establecer unha fórmula que recoñeza as súas actuacións e as súas responsabilidades.  

"Non é un acordo satisfactorio. Non contempla as reivindicacións profesionais que ten o colectivo. As nosas reclamacións non son de carácter soamente económico e, polo tanto, teremos que seguir adiante. Pero non o faremos a través dunha folga, senón doutras ferramentas que nos dá o noso ordenamento xurídico".

"Nós queremos un sistema de retribución que se garantise no futuro, porque non temos negociación colectiva. Nunca nas nosas reclamacións se estaban propoñendo cantidades concretas".

"A famosa cláusula de enganche foi mal informada por todos os operadores xurídicos. A lei de 2003 di que o réxime retributivo dos letrados da Administración de xustiza, antigos secretarios xudiciais, estará vinculado ao réxime distributivo dos xuíces. Son os operadores xurídicos os que se negan a que haxa esa cláusula de enganche. Para nós, esa fórmula sería unha garantía de futuro".

"As consecuencias da folga son moi importantes. Para poder reavivar outra vez a actividade xudicial vaise necesitar un investimento de tempo, traballo e de medios que ten que estar planificado polas administracións competentes, que serían o Consello Xeral do Poder Xudicial, o ministerio de Xustiza e as comunidades autónomas. O problema é encaixar todo o que quedou pendente no que xa está programado".
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade