Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os informes da UDEF sitúan a Zapatero na cúspide da rede do rescate de Plus Ultra

Os informes da UDEF sitúan a Zapatero na cúspide da rede do rescate de Plus Ultra

A TVG tivo acceso aos informes policiais nos que se basea o xuíz Calama para citar o expresidente como imputado

Sitúan a Zapatero e as súas fillas como principais beneficiaros da trama 

Zapatero, nun dos actos organizados na campaña electoral de Andalucía. Nacho Frade / Europa Press
G24.gal 24/05/2026 11:44

Os informes aos que tivemos acceso son demoledores e deixan pouca marxe para a dúbida. Situan ao expresidente as súas fillas, que triplicaron o seu patrimonio, como principais beneficiaros dunha trama cunha estrutura que denominan "boutique financieira" para pagar as presuntas mordidas polas influencias exercidas.

Unha das fillas de Zapatero sae esta semana das oficinas da empresa WhatTheFav. Gustavo Valiente / Europa Press Unha das fillas de Zapatero sae esta semana das oficinas da empresa WhatTheFav. Gustavo Valiente / Europa Press

Hai centos de conversas, mensaxes, fotografías que poñen de manifesto todo un entramado en torno ao expresidente Zapatero. Sitúano como presunto intermediario nas xestións realizadas a favor da aerolíña venezolana Plus Ultra para conseguir ese rescate público de 53 millóns de euros. 

Nos informes tamen se detalla a confluencia de duas vías de influencia para lograr ese rescate: a vía Abalos e a vía Zapatero, as dúas recomendadas pola mandataria venezolana Delcy Rodríguez

Queda acreditado tamén, a traves de conversas intervidas, como os directivos de Plus Ultra coñeceron con anterioridade ao consello de ministros as axudas que ían recibir, tamén as comisións a Julio Martínez, home de confianza de Zapatero polas xestions realizadas. 

A UDEF  sostén que Julio Martínez, vinculado a empresas como Análisis Relevante, actuaba como presunto "testaferro" de Zapatero e falan ademais de que xunto a súa secretaria terían manipulado facturas por supostas consultorías que non reflexaban traballos reais.

Todo arrancou cando os EUA interviron o teléfono ao principal accionista de Plus Ultra. Aí as mensaxes sitúan a Zapatero como a vía máis segura para conseguir ese rescate. 

Máis detalles aparecen nos informes, entre eles correos e fotografías festexando con champán e ostras o rescate da aeroliña ou a conta na que Zapatero e a sua muller terían recibido millón e medio de euros, ou mesmo mensaxes para tentar frear a investigación.

O expresidente declarará como investigado o próximo 2 de xuño na Audiencia Nacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade