Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os hostaleiros de Pontevedra minimizan a repercusión das restricións en xaneiro

Os hostaleiros de Pontevedra minimizan a repercusión das restricións en xaneiro

Calculan que os locais da provincia reduciron a súa facturación nun 70 % de media durante o Nadal

G24.gal 13/01/2022 09:01

Os hostaleiros da provincia de Pontevedra ven inxusta a prórroga das restricións que afectan os locais, pero minimizan a súa repercusión por estarmos en xaneiro, o mes de menor actividade no sector.

O presidente de Hostalería de Pontevedra César Sánchez Ballesteros apuntaba no Galicia por diante que moitos negocios aproveitan mesmo para pechar este mes e darlle vacacións ao persoal.

Ballesteros destacou o prexuízo que supuxeron as restricións durante o Nadal. Explicou que a iluminación pública de Vigo tivo un efecto chamada moi bo ata o 15 de decembro, momento en que decaeu a actividade. Os hostaleiros calculan que os negocios da provincia reduciron a súa facturación nun 70 % durante as festas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade