Publicador de contidos

Publicador de contidos

A OCU pide a prórroga do recorte fiscal da luz máis alá do primeiro trimestre de 2022

A OCU pide a prórroga do recorte fiscal da luz máis alá do primeiro trimestre de 2022

O secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia Miguel López Crespo destaca que o Goberno non cumprirá a promesa de reducir a factura ao nivel da de 2018

G24.gal 30/11/2021 22:44

O secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia asegura que o obxectivo do Goberno de acabar o ano cunha factura da luz semellante á de 2018 é imposible de cumprir. Miguel López Crespo sostén que só é posible afirmar iso xogando coa estatística, facendo a media de todos os cidadáns.

Crespo salienta que o fundamental é a evolución do gasto das familias, e afirma que vai ser entre o 7 % e o 10 % superior ao de 2018. 

A Unión de Consumidores de Galicia reclama que a rebaixa dos impostos aos consumidores domésticos na factura da luz se manteña máis alá do primeiro trimestre de 2022. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade