Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os combustibles son os máis caros dos últimos 20 anos

Os combustibles son os máis caros dos últimos 20 anos

Encher un depósito custa agora uns trinta euros máis que no 2008

G24.gal 18/01/2022 19:25

Os combustibles en España son estes días os máis caros dos últimos vinte anos. E máis aínda en Vigo, onde subiron un 25 % no último ano.

Segundo os datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica, o litro de gasolina custa hoxe aquí de media 1,52 euros, e o de diésel 1,41.  

Con estes datos, encher un depósito custa agora uns trinta euros máis que no 2008, época en que os combustibles estaban por debaixo do euro.  

Os usuarios din notar moito este encarecemento dos combustibles:
 

"Está polas nubes, podía estar máis barato. Estivo a un euro no confinamento e agora está a case 1,50. Alguén está a levar unha parte do prezo do gasóleo".

"Cando vas botar vinte euros, no canto de botar máis litros, botas menos e dura moitísimo menos".

"Encher o depósito é cada vez máis caro. Coa moto non tanto, pero no coche sobe vinte euros, é unha barbaridade... Dentro de pouco non sei que imos facer, entre a electricidade e a gasolina...".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade