Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os clústers da automoción, preocupados por como se vai facer a transición ao vehículo eléctrico

Os clústers da automoción, preocupados por como se vai facer a transición ao vehículo eléctrico

Están en xogo moitos postos de traballo

Traballador na fabricación de automóbiles
G24.gal 28/06/2022 14:29

 "A situación mudou, non podemos esquecer que hai unha crise de materias primas tremenda, hai unha crise tremenda de custo enerxético e tamén hai unha invasión de Rusia en Ucraína que está provocando realmente unhas modificacións moi importantes no panel internacional que tamén afectan ao eido da automoción", apunta Enrique Mallón, secretario xeral de Asime Galicia

Estas son algunhas das ameazas ao sector da automoción, xusto neste momento tan crucial para a industria en que se decide como se vai facer a transición ao vehículo eléctrico. Están en perigo moitos postos de traballo.

 "Queremos que sexa unha transición lenta, adecuada realmente a poder cambiar o modelo produtivo sen que cause prexuízos relevantes, sobre todo no emprego do sector e nos investimentos", continúa.

Os clústers da automoción de todo o país advirten que se non se toman medidas poderíase destruír o tecido industrial. Galicia tamén está preocupada porque 200 empresas forman parte deste sector.

"Galicia está especialmente preocupada porque o peso da industria da automoción é moi relevante, estamos a falar de máis de 20.000 empregos directos, máis de 10.000 indirectos e realmente é un compoñente da industria galega fundamental", informa Enrique Mallón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade