Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os caudais dos ríos están un 45 % máis baixos do que é normal no mes de xuño

Os caudais dos ríos están un 45 % máis baixos do que é normal no mes de xuño

Galicia está en prealerta por seca e recoméndase un uso responsable da auga

Os encoros que abastecen de auga a poboación están cinco puntos por debaixo
G24.gal 15/06/2022 13:41

Os encoros que están na vertente atlántica da Coruña non son para abastecemento da poboación. A Fervenza, Santa Uxía ou o encoro de Barrié de la Maza son para a produción hidroeléctrica. 

O Tambre ten un caudal de 1,5 metros cúbicos por segundo o que supón un 30 % menos que o ano pasado por estas datas. A totalidade da auga acumulada está no 35 % da súa capacidade total.

Galicia atópase en  prealerta por seca. Un dos problemas que hai neste momentos é que os caudais do ríos están un 45 por cento máis baixos do que é normal a mes de xuño.

Teresa Gutierrez López, directora de Augas de Galicia: "É preocupante pola situación dos caudais que hai nos ríos. Por unha banda non van repoñer a auga que hai nos encoros coa mesma rapidez que outros anos e, por outra, hai moitas vilas que se abastecen dos ríos, non teñen encoros que lles permita acumular auga.

Os encoros están cinco puntos por debaixo da situación normal, arredor do 93 %. Non parece moito pero cinco puntos menos son moitos días de auga. Os encoros que temos están pensados para soportar unha presión de tres ou catro meses, e en Galicia non chove abundantemente ata novembro, e poderíamos atoparnos ante unha situación preocupante". 

Entre as recomendacións está o uso responsable da auga, sobre todo por parte dos concellos suprimindo o baldeo de rúas, limitando as regas e baixando a presión das canalizacións de noite, para evitar as perdas polas redes de abastecemento, un dos maiores problemas.

E de cara a cidadanía baixando o consumo evitando lavar o coche, o baleirado de piscinas e regando o imprescindible. A última medida é a restrición no abastecemento, pero sendo previsores e suprimindo usos prescindibles teríamos que ser capaces de chegar a rematar o ano sen quedar secos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade