Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os armadores confían na revisión do veto, pero temen que chegue tarde

Os armadores confían na revisión do veto, pero temen que chegue tarde

Din que hai base para o recurso ante a xustiza

G24.gal 26/09/2022 20:35 Última actualización 26/09/2022 21:02

Na Cooperativa de Armadores de Vigo cren que é un día de esperanza para o sector. Consideran que o ministro Planas puxo todas as cartas sobre a mesa e que se acadou o apoio de máis países para que se poida revisar o veto á pesca de fondo tal e como está.

"É un toque de atención ao comisario europeo de que hai que actuar con estudos e con informes, falar abertamente co sector e programar as consecuencias da adopción das medidas que se tomen", di Javier Touza, presidente de Cooperativa de Armadores de Vigo.

Cren que así se poderán ter en conta informes científicos recentes e elaborar outros específicos para decidir con rigor que zonas se deben acoutar  Pero preocúpanlles moito os prazos e que o veto siga adiante. Se a revisión se adía, perigan moitas pequenas e medianas empresas do sector.

"A táboa de salvación de moitas empresas está na campaña do Nadal. Se non imos estar pescando nin abastecendo o mercado, como se demore moito a revisión desa decisión por parte da Comisión Europea igual chega demasiado tarde", di Touza.

E no peor dos casos, están convencidos de que hai base sólida para que prospere un recurso xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade