Publicador de contidos

Oportunidade perdida do Lugo en Miranda (3-2)

Oportunidade perdida do Lugo en Miranda (3-2)

Carrillo adiantou o conxunto galego no primeiro tempo. Na segunda parte remontou o Mirandés, Joselu puxo o empate (2-2) pero Camello sentenciou o encontro

G24.gal 03/11/2021 20:54

O Lugo non puido sacar nada positivo do campo do Mirandés. Perdeu por 3-2 e estragou unha boa oportunidade para seguir sumando diante dun rival directo. 

No primeiro tempo controlou mellor o partido e adiantouse cun gol de Carrillo, o cuarto da temporada, a centro de Hugo Rama. 

No segundo tempo estivo unha das chaves. O Mirandés conseguiu empatar cando só se levaba un minuto xogado, tanto do ex lucense Álex López. Camello puxo o 2-1 no 65, intre no que Albés decidiu mover o banco e meter no partido a Joselu. Aos seis minutos de entrar no partido o dianteiro andaluz poñía o empate. 

A alegría só durou tres minutos, o que tardou Camello en facer o seu dobrete e poñer o definitivo 3-2. 

 

Rubén Albés, decepcionado logo da derrota
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos