Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Semana Santa deixa unha ocupación media do 80 % nas Rías Baixas

A Semana Santa deixa unha ocupación media do 80 % nas Rías Baixas

Algúns establecementos alcanzaron o cheo o venres e o Sábado Santo

G24.gal 17/04/2022 14:12

As Rías Baixas volven á normalidade turística tras a pandemia con ocupacións medias do 80 %. Algúns establecementos superaron estas cifras nos días festivos e colgaron o cartel de cheo.

En Baiona xa se respira este domingo un ambiente de despedida. Mentres algunhas persoas gozan das últimas horas de lecer, outras carrexan maletas e preparan a viaxe de volta. 

As expectativas do sector turístico eran maiores, pero a invasión ucraína e o seu impacto económico frearon a chegada de visitantes prevista.

Desta volta, o tempo acompañou e a maioría de turistas marcha con bo sabor de boca e ganas de recuncar. Os establecementos prepáranse para un verán sen restricións que, agardan, mellore os datos da Semana Santa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade