Publicador de contidos

Publicador de contidos

O xurado declara culpable a Bernardo Montoya do crime de Laura Luelmo

O xurado declara culpable a Bernardo Montoya do crime de Laura Luelmo

O home estaba acusado de detención ilegal, agresión sexual e asasinato

G24.gal 19/11/2021 18:50

O xurado popular declarou por unanimidade a Bernardo Montoya culpable dos delitos de detención ilegal, agresión sexual e asasinato da moza zamorana Laura Luelmo en decembro de 2018 en El Campillo (Huelva). 

A lectura do veredicto tivo lugar pouco despois das 18.00 horas, tras case cinco de deliberación dos cinco homes e catro mulleres que compoñen o xurado, que deberon de contestar e motivar un total de 19 preguntas. 

Tras iso, tanto a Fiscalía como as acusacións que exercen a familia e a Junta de Andalucía mantiveron as peticións de pena anunciadas onte, segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía (TSJA). 

As tres partes solicitan as mesmas penas, 20 anos de cárcere por un delito de detención ilegal, 12 polo de agresión sexual e prisión permanente revisable polo de asasinato. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade