Publicador de contidos

O volcán intensifica a emisión de cinza e emperora a calidade do aire

O volcán intensifica a emisión de cinza e emperora a calidade do aire

As clases presenciais nos colexios públicos de cinco concellos da Palma quedaron suspendidas

O cambio na dirección do vento previsto impulsará parte das partículas en suspensión cara ao leste

directo
G24.gal 02/11/2021 14:23

As clases presenciais nos colexios públicos de cinco concellos da Palma quedaron suspendidas e non se retomarán ata que mellore a situación.

A cinza expulsada polo volcán de Cumbre Vieja ten a culpa e, mentres os niveis de concentración se manteñan altos, os alumnos seguirán as explicacións dos profesores por Internet desde as súas casas.

O cambio na dirección do vento previsto para esta xornada impulsará parte desas partículas en suspensión cara ao leste, polo que poderían afectar as illas da Gomera e Tenerife.

Ademais de cinza, desde o interior do volcán flúe lava en gran cantidade, especialmente pola ladeira sur, o que propiciou a creación dunha nova coada que ameza con cortar a estrada que comunica coas explotacións agrícolas e as desalgadoras situadas no barrio de Puerto Naos. 

Se esta vía terrestre queda interrompida, a Armada estuda utilizar lanchas de desembarco para trasladar os agricultores desde o porto de Tazacorte ata as plataneiras situadas na costa.

A actividade sísmica na zona sur da Palma segue sendo intensa e nas últimas horas os sismógrafos rexistraron máis de 30 tremores, 10 deles por riba da magnitude 3.

Publicidade
Publicidade
Publicidade