Publicador de contidos

Publicador de contidos

O tempo de verán chegará por fin a Galicia co comezo do mes de xullo

O tempo de verán chegará por fin a Galicia co comezo do mes de xullo

Hoxe, día revolto, mañá será xornada de transición

O tempo de verán chegará por fin co comezo do mes de xullo

Alternancia de nubes e claros hoxe en Baiona
G24.gal 29/06/2022 14:53

 "Queremos que chegue o verán xa, e se pode ser mañá mellor que pasado".

"Agora saíu un pouco o sol e dentro de nada volven outra vez as nubes e despois de estar todo o día na escola agora queremos ir á praia, e ao non haber calor non podemos", dicían esta mañá en Baiona.

O verán non acaba de entrar.

"Non, resístese", apuntaba unha señora

E a piques de entrar no mes de xullo xa buscamos calor.

"Si, home, vimos por un pouco de calor, a secar un pouco do tempo de Asturias, si", comenta unha turista.

De Asturias e tamén de Galicia, de feito hoxe no norte da comunidade hai probabilidade de chuvascos. Así que todos pendentes da chegada do anticiclón, que será o que nos traia por fin a sensación de verán.

"Os nenos agora están de vacacións e a verdade é que gostaría de que o tempo fora mellor para ir ás illas Cíes, mais é o que hai", apunta unha señora.

Mañá aínda será un día de transición e de cara á fin de semana poderemos falar xa de días solleiros e máis calorosos. Con todo, hai xente que prefire o outro.

"Eu prefiro isto, para min si pero para os rapaces recoñezo que era mellor doutra maneira".

 "Eu recoñezo que para estar na praia non está bo tempo, pero pasear por aquí, estase moi ben", cóntannos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar