Os usuarios dos apartamentos turísticos aumentaron en marzo un 40 %
Os usuarios dos apartamentos turísticos aumentaron en marzo un 40 %
Contabilizáronse 6.127 viaxeiros fronte aos 5.336 do mesmo período de 2019
Os usuarios dos apartamentos turísticos aumentaron un 40 % o pasado mes de marzo. A cifra supera o dato de 2019.
Os máis de 6.100 clientes deste tipo de establecementos rexistrados o mes pasado fronte aos 5.300 usuarios do derradeiro marzo precovid constatan que a pandemia está a consolidar o cambio nas preferencias dos viaxeiros. Por exemplo, aquí en Cangas, xa o 90 % das prazas de aloxamento son vivendas de uso turístico.
A última renovación deste establecemento ubicado ao pé da praia de Rodeira fíxose para engadir á súa oferta apartamentos turísticos. O que viña sendo unha tendencia crecente nos últimos anos, acabou por consolidarse. Só no concello de Cangas hai 423 vivendas vacacionais rexistradas.
O ritmo das reservas para o verán augura boas perspectivas de negocio para a temporada.
Dos 14.000 pisos turísticos que constan no censo autonómico, a metade están situados na provincia de Pontevedra.