Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Tribunal Superior ratifica que as vivendas turísticas precisan de licenza municipal

O Tribunal Superior ratifica que as vivendas turísticas precisan de licenza municipal

No caso de Santiago, o concello calcula que pode haber arredor de 900 pisos turísticos

Hai uns 40 con licenza municipal, o resto poden quedar nunha situación de alegalidade

G24.gal 11/05/2022 16:02

Primeiro pronunciouse sobre os pisos turísticos en Pontevedra e agora o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia faino sobre a regulación deste sector no concello de Santiago. Unha sentenza que podería modificar os requisitos para que estas vivendas de uso turístico traballen dentro da legalidade.

A sentenza, que aínda non é firme, ratifica que a regulación das viviendas de uso turístico é competencia municipal. No caso de Santiago, o concello calcula que pode haber arredor de 900 pisos turísticos, pero só hai cousa de 40 con licenza municipal, así que entenden que a inmensa maioría poderían quedar nunha situación de alegalidade.

A asociación de propietarios Sviturga pide prudencia, di que van seguir traballando con normalidade e que, en todo caso, o cese de actividade destes negocios podería ser un longo camiño: requiriría ir caso por caso, instruíndo expedientes individuais.

Multiplicáronse exponencialmente nos últimos anos, e hoxe as vivendas de uso turístico concentran boa parte da oferta hostaleira en cidades como Santiago.  Agora unha sentenza do Tribunal Superior ratifica que esa ordenación do sector é competencia municipal. 

Segundo os seus cálculos, hai unhas 900 vivendas turísticas en Santiago operando sen esa licenza municipal, e entenden que deberan excluírse do rexistro autonómico. 

Dende a asociación de propietarios Aviturga piden prudencia. Entenden que a sentenza do Superior se refire a un caso particular, e que non lles afecta. Non van recorrer a sentenza, e din que, en todo caso, para botalos do rexistro autonómico terían que ir piso por piso, instruíndo expedientes individuais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade