Publicador de contidos

Publicador de contidos

O temporal deixa refachos de 130 Km/h en Viveiro e aviso laranxa no litoral da Coruña

O temporal deixa refachos de 130 Km/h en Viveiro e aviso laranxa no litoral da Coruña

O vento en terra amainará nas vindeiras horas, pero o temporal no mar vai continuar 

Na mañá deste venres activarase o aviso laranxa en todo o litoral galego por ondas superiores aos seis metros

G24.gal 30/03/2023 21:26

O vento foi o protagonista da xornada deste xoves, que ten activado o aviso laranxa no mar da costa coruñesa, onde en moitos puntos os refachos superaron esta tarde os 90 km/h e mesmo chegaron a máximos que se aproximaron  aos 120 km/h, por exemplo, en Cedeira.  

Camiñar facíase complicado por momentos. Os refachos de vento foron a máis ao longo da tarde deste xoves e alcanzaron máximos que rozaron os 100 km/h na cidade da Coruña.

A forza do vento obrigou a activar o aviso laranxa na costa coruñesa desde A Estaca de Bares ata Carnota. Os refachos máis fortes achegáronse aos 120 km/h en Cedeira e aos 130 en Viveiro. Na Costa da Morte ventos de máis de 90 km/h en puntos como Camariñas ou Malpica impediron a parte da frota saír ao mar.

En terra, parques e xardíns permaneceron pechados nos concellos máis afectados. O vento en terra amainará, pero o temporal marítimo vai continuar. Na mañá deste venres activarase o aviso laranxa en todo o litoral galego por ondas superiores aos seis metros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade