Publicador de contidos

Publicador de contidos

O temporal condiciona a circulación no inicio da operación especial de tráfico de Nadal

O temporal condiciona a circulación no inicio da operación especial de tráfico de Nadal

Recomendan reducir a velocidade, poñer as luces e ter coidado coas balsas de auga na calzada

G24.gal 23/12/2022 20:57 Última actualización 23/12/2022 21:27

A primeira fase da operación saída de Nadal arranca con tráfico moi intenso e moi mal tempo. Pero é véspera de Noiteboa e ningún renuncia á viaxe para reencontrarse coa familia. As condicións meteorolóxicas obrigan a reducir a velocidade e extremar máis ca nunca as medidas de seguridade.

"Cando a chuvia reduce a visibilidade hai que poñer as luces, reducir a velocidade e ter moito coidado coas balsas de auga porque podemos facer aquaplaning", explica o xerente de Axega, Marcos Araújo. 

E advirte que se pode perder adherencia ao asfalto cando xa hai inundación e a agua cobre un terzo da roda.  As malas condicións meteorolóxicas son un factor de risco máis nunha operación especial de tráfico que ten outras singularidades.

"Máis que os desprazamentos longos en que a xente vai mentalizada e co vehículo revisado, preocúpanos as viaxes curtas, xa en destino en que nos relaxamos, baixamos a garda en temas como poñer o cinto de seguridade ou o consumo de alcol", explica Héctor Teixeira, da agrupación de Tráfico de Galicia.

Tráfico reforzará a vixilancia nas estradas entre o 23 de decembro e o 8 de xaneiro. Só nos tres días desta primeira fase do operativo produciranse 400.000 desprazamentos nas estradas galegas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade